• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Seminario sobre Empresas de Inserción Laboral para entidades de iniciativa social

A Concellaría de Promoción Económica, Emprego e Turismo do Concello de Santiago de Compostela e a Asociación Plataforma polo Emprego organizan no marco das actividades do Pacto Local polo Emprego este Seminario dirixido a entidades de iniciativa social sobre as Empresas de Inserción. Foro de encontro no que o mundo da empresa e as entidades de iniciativa social debatan sobre a figura das Empresas de Inserción Laboral como ferramenta de promoción do emprego e loita contra a exclusión social.

O seminario terá lugar no Centro Social Fontiñas (Rúa Berlín 13) Santiago de Compostela de 10:00 a 12:30 hs o martes día 22 de febreiro de 2011

As empresas de inserción laboral son estruturas produtivas promovidas por organizacións sen ánimo de lucro que traballan no ámbito da inclusión social e que se incorporan ao mercado producindo bens ou ofrecendo servizos, contratando para iso a persoas en situación de exclusión ou risco de sufrila. Son unha ferramenta de inclusión social, pois o seu fin social último non é o económico, senón a integración das persoas en risco ou situación de exclusión no mercado laboral ordinario de traballo, a través dun proceso temporal de aprendizaxe das habilidades técnicas dun posto e das habilidades básicas sociais e laborais.

Con sede en Santiago de Compostela, existen tres entidades así cualificadas, todas elas promovidas pola Asociación Plataforma polo Emprego, como son a Asociación Plataforma polo Emprego, a Limprega Empresa de Inserción Laboral S.L. e Compostela Inserta EIL.

Neste sentido, a Asociación Plataforma polo Emprego, xunto coa Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo de Santiago de Compostela, queren promover dende o ámbito da empresa, das entidades sindicais e do tecido asociativo un lugar de encontro no que poidan debater sobre a figura das Empresas de Inserción Laboral coma ferramenta de promoción do emprego e loita contra a exclusión social.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
  • Entidades de iniciativa social
  • Persoas interesadas