• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

28ª Sesión Formativa: "Dinamización do sector hortofruticultor"

A xornada formativa está dirixida a persoas mozas, desempregados, mulleres que lles interese a hortofuticultura como fonte de autoemprego ou para completar rendas, e a productores con ansias de mellorala súa formación.

Data: Xoves, 20 de setembro

Hora: De 19:50 a 21:50

Lugar: Edificio CERSIA, Avenida do Alcalde Raimundo López Pol s/n.-15703 Santiago de Compostela

Para máis información poden contactar co GDR Terras de Compostela no teléfono 981 81 83 57 ou a través do e-mail: info@terrasdecompostela.org

Sesión práctica de dinamización do sector hortofruticultor

Nesta sesión os participantes da formación de hortofruticultura poderán poñer en práctica todo o aprendido nas clases teóricas.
O lugar de encontro é o Edificio Cersia de Santiago e as visitas realizaranse ao viviero O Pumariño (O Outeiro - A Capela) e a Productor de Horta (O Cruceiro - Vilarrube).

PARA MÁIS INFORMACIÓN
Asociación Terras de Compostela
info@terrasdecompostela.org
www.terrasdecompostela.org

TELF: 981818557
TELF PROFESOR: 664 167 535 / 666 344 408

15ª Xornada de formación en hortofloricultura: Fertilizantes ecolóxicos calculados das doses a aplicar

Dirixida a persoas mozas desempregadas, mulleres que lles interesa a hortofruticultura como fonte de autoemprego ou para complementar rendas, e a productores de mellora-la súa formación.

PARA MÁIS INFORMACIÓN
Asociación Terras de Compostela
Telf.: 981 81 83 57
info@terrasdecompostela.org 
www.terrasdecompostela.org

I Premio Open Data do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia

Open Data e RISP constitúen elementos xeradores de emprego e riqueza ao abrir a posibilidade de oportunidades de negocio para emprendedores que poden crear novas aplicacións, servizos e produtos en base a esta información.

O futuro encamíñase na dirección de modelos de negocio online que evolucionan constantemente para satisfacer a inmediatez e a personalización da demanda actual. Isto, xunto coa clara tendencia cara a un consumo cada vez máis dixital, coloca o sector empresarial diante dun reto dunha enorme envergadura, pero tamén ante un abano de oportunidades.