19 de novembro: xornada "Da horta á túa mesa cun só click en Internet. Alimentos tradicionais e comercio electrónico"
Esta xornada sobre comercio electrónico e produtos agrarios tradicionais celebrarase no Centro Sociocultural do Ensanche co obxectivo de impulsar o desenvolvemento socioeconómico e difundir a utilización das Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación no medio rural galego.
A finalidade desta xornada é impulsar o desenvolvemento socioeconómico e difundir a utilización das Novas Tecnoloxías da Comunicación e da Información no medio rural galego, co fin de valorar a calidade de vida, e por en valor a cultura rural, establecer canles de comunicación directa entre o medio rural e urbano, e promover a difusión das Novas Tecnoloxías como ferramentas de intervención fronte ó fenómeno de exclusión socio-territorial coñecido como “Fenda Dixital”, e que pode definirse como as diferenzas de acceso ás Novas Tecnoloxías.
Tamén se pretende coa organización da xornada “Granxa Familiar. Da horta á túa mesa cun só click en Internet”:
- Impulsar o desenvolvemento das capacidades de innovación no medio rural galego.
- Incrementar as rendas familiares no medio rural galego.
- Revalorizar a cultura rural a partir do uso das Novas Tecnoloxías.
Son gratuitas e están dirixidas a todas as persoas e entidades interesadas.