• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Curso "Selección e Liderado"

O mercado laboral estréitase cada vez máis. A situación económica demanda, a cada paso en maior medida, unha preparación especial para afrontar e superar con éxito os procesos de selección de persoal. 

Con este módulo formativo pretendemos que os asistentes se familiaricen coas técnicas de selección de persoal, dende a entrevista "face to face" aos procedos "assesment center". A imaxe persoal, os filtros interrogativos, as dinámigas grupais... Todo un universo de linguaxes e estratexias que é preciso coñecer para acceder, progresar e manterse no mercado laboral con garantías. 

Exemplo formativo

O símil pedagóxico de base no que nos centraremos para o desenvolvemento expositivo é o guión da película "Os Inmortais". 

Programa (12 horas, 12 epígrafes)

  1. O decálogo de Gerardo. Unha base persoal.
  2. O kit do Inmortal. Unha mochila extraordinaria.
  3. Dez pautas para un demandante de emprego.
  4. Dez ensinos no camiño cara á empresa.
  5. As dez leis da mercadotecnia persoal.
  6. As dez preguntas esenciais de toda entrevista. 
  7. Os dez principios de actitude do candidato.
  8. Dez regras de orientación. O compás selectivo.
  9. As dez variables prezo do candidato.
  10. As dez reglas de ouro da comunicación selectiva.
  11. As dez caras do talento.
  12. As dez dimensións dun líder inmortal. 

 Grupos, datas e horarios:

  • GRUPO 1:
    Datas e horario: 2, 3 e 4 de xullo, de 10:00 a 14:00
    Nº de prazas: 15 prazas
    Admisión de solicitudes: Ata o mércores 27 de xuño ás 14:00
  • GRUPO 2:
    Datas e horario: 5 e 6 de xullo, de 08:00 a 14:00
    Nº de prazas: 15 prazas
    Admisión de solicitudes: Ata o xoves 28 de xuño ás 14:00
  • GRUPO 3:
    Datas e horario: 9, 10 e 11 de xullo, de 10:00 a 14:00
    Nº de prazas: 15 prazas
    Admisión de solicitudes: Ata o martes 3 de xullo ás 14:00
    Solicitar inscrición >>
Documentación requerida

Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:

  • Para persoas desempregadas: copia da tarxeta de demandande de emprego. 
  • Para persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
  • Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
  • Para estudantes:  acreditación de estar matriculado no curso 2011/2012 ou de ter obtido o título nos anos 2011 ou 2010.
Dirixido

A persoas desempregadas, emprendedores/as, traballadores/as en activo do tecido empresarial e estudantes universitarios ou de formación profesional de Santiago de Compostela.

Requisitos

Persoas desempregadas, persoas emprendedoras, traballadores en activo do tecido empresarial, e estudantes universitarios ou de formación profesional de Santiago de Compostela.