Mesa redonda "O Valor Espiritual da Cidade de Xerusalén no Diálogo Interreligioso".
16 de decembro. Presentación da Web do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia
Este portal nace coa intención de ser o principal medio de comunicación do Ceesg, un espazo de encontro, de diálogo, de participación e de creación conxunta de Educación Social, unha comunidade aberta e democrática de aprendizaxe e educación ao longo da vida, e, ao mesmo tempo, un instrumento áxil e útil.
Edición Nadal. VII concurso Municipal de Escaparatismo
Na edición de verán premiaranse tres comercios, que recibirán campañas publicitarias por valor de 4.000 euros para o primeiro clasificado, de 3.000 euros para o segundo, e de 2.100 para o terceiro. O xurado, no que se integran asociacións de comerciantes, consumidores e expertos na materia, valora especialmente a orixinalidade, ambientación e eficacia da mensaxe publicitaria atendendo ás condicións dos establecementos.
PLAN DE FORMACIÓN CONTINUA 2011
Empresa e redes sociais. Curso de Community Management impartido por PREMIR
15% de desconto en todos os tratamentos de Fanego Clínica Dental
Do 01 de decembro de 2010 ao 31 de xullo de 2012, Fanego Clínica Dental ofrece un 15% de desconto en todos os tratamentos, como promoción de apertura. Para poder beneficiarse desta promoción, as persoas interesadas só teñen que comentar, ao persoal da clínica, que coñeceron esta oferta a través da páxina web da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo wwww.maiscompostela.org.
Xaneiro. VIII Xornadas SINDUR. Da cidade dixital á cidade aumentada
O obxectivo das xornadas, organizadas pola USC e nas que colabora a concellaría de Promoción Económica, é analizar como se pode superar a cidade dixital clásica que promove a formación da xente no uso de Internet, crear webs locais, promover os telecentros ... ate un novo concepto de cidade aumentada que impulsa a difusión de productos territoriais, empresas locais, sociedade civil... etc a través das redes sociais e a Internet, promovendo o desenvolvemento económico e a innovación.
III Concurso de promoción comercial Regalar custa pouco
A Concellaría de Promoción Económica e Comercio convoca o III Concurso catálogo de promoción comercial de Compostela Regalar custa pouco, cos obxectivos de potenciar as compras nos estabelecementos comerciais da cidade; promover a adaptación dos estabelecementos comerciais á situación e cambios no mercado actual; e estimular a implantación de estratexias encamiñadas á satisfacción das necesidades, esixencias e demandas das persoas consumidoras.
Promoción gratuita de empresas e entidades en www.maiscompostela.org
Este novo instrumento,enmarcado na Rede de Cooperación Local, configúrase como un espazo interactivo e promocional que completa e, á vez complementa, os servizos e espazos que ofrece o edificio Cersia-Empresa ao tecido empresarial compostelá.
Que lles ofrecemos ás empresas e institucións?