• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Curso "Mercadotecnia emocional"

3 grupos con diferentes datas e horarios, entre o 10 e o 19 de decembro do 2012
No Edificio CERSIA Empresa
Alcalde Raimundo López Pol, s/n
[ver mapa]

Programa (12 horas, 12 epígrafes)

  1. Falar para convencer
  2. O medo a falar en público
  3. Obxectivo e roteiro
  4. Fale con todo o mundo
  5. A linguaxe non verbal
  6. Análise de casos específicos
  7. A comunicación executiva
  8. Comunicar na distancia curta
  9. Comunicar a media distancia
  10. Comunicar na distancia longa
  11. Análise da comunicación escrita
  12. Análise da comunicación audiovisual 
Grupos, datas e horarios:
  • GRUPO 1: 
    Datas e horario: 10, 11 e 12 de decembro, de 10:00 a 14:00
    Nº de prazas: 15 prazas
    Admisión de solicitudes: Ata o xoves 29 de novembro
  • GRUPO 2:
    Datas e horario: 13 e 14 de decembro, de 15:30 a 21:30
    Nº de prazas: 15 prazas
    Admisión de solicitudes: Ata o xoves 29 de novembro
  • GRUPO 3:
    Datas e horario: 17, 18 e 19 de decembro, de 10:00 a 14:00
    Nº de prazas: 15 prazas
    Admisión de solicitudes: Ata o xoves 29 de novembro
Documentación requerida

Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:

  • Para persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
  • Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
  • Para estudantes: acreditación de estar matriculado no curso 2012/2013 ou de ter obtido o título nos anos 2012 ou 2011.
  • Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego
Dirixido

Persoas emprendedoras, traballadores en activo do tecido empresarial, e estudantes universitarios ou de formación profesional de Santiago de Compostela.

Requisitos

A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritos desempregados e sobran prazas  tamén por orde de inscrición.