Curso "Nivel básico de prevención en construción"
28 e 29 de novembro, 12 e 13 de decembro, de 09.00 a 14.00 horas
Os obxectivos deste curso son:
- Coñecer os conceptos básicos en materia preventiva
- Capacitar ao alumnado para o desempeño das funcións de nivel básico no posto de traballo
- Desenvolver as habilidades necesarias para asumir as responsabilidades do desempeño de nivel básico de prevención
- Ter claros os dereitos e deberes dos/as traballadores/as en materia preventiva e desenvolver as cualidades para defendelas
DATOS DO CURSO
- Clases Presenciais: 28 e 29 de novembro, 12 e 13 de decembro
- Horario: De 09.00 a 14.00 horas
- Nº Horas: 60 horas (20 presenciais e 40 a distancia)
- Modalidade: Semipresencial a distancia
- Lugar impartición: Asociación Área Empresarial do Tambre
Documentación requerida
Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:
- Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
- Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
- Para estudantes: acreditación de estar matriculado no curso 2012/2013 ou de ter obtido o título nos anos 2012 ou 2011.
- Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego
- Socios da Asociación Area Empresarial do Tambre: Acreditación de socio ou de estar traballando nunha empresa asociada.
Dirixido
Empresariado, traballadores/as en activo e emprendedores do tecido empresarial de Santiago de Compostela. Terán preferencia o empresariado e persoas traballadoras en empresas asociadas a Asociación Área Empresarial do Tambre.
Requisitos
A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritos desempregados e sobran prazas tamén por orde de inscrición.