• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

XI Premio AMJE EMPRENDE

O capital social das empresas que se presenten deberá estar participado nun 25% como mínimo por persoas físicas menores de 41 anos e que reúnan os seguintes requisitos:

1. Premio Novo Empresario 2010: emprendedor/a que constitúa unha empresa, en calquera das súas formas xurídicas, cunha antigüidade superior a 3 anos, con sede social na provincia da Coruña, independentemente da súa actividade principal e do seu sector empresarial.

Subvencións a empresas galegas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización.

 Os obxectivos destas axudas están dirixidos a promover o desenvolvemento de actuacións que estimulen o crecemento e estabilidade das empresas téxtiles galegas fóra da nosa comunidade.

Considéranse actuacións subvencionables, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2010 ata o 30 de novembro de 2010, as seguintes:

Tipo a) Actuacións de difusión:

Curso Busca de emprego a través de internet

O curso Busca de emprego a través de internet conta con 40 prazas, ten unha duración de oito horas e enmárcase no Servizo Local de Emprego que ofrece a concellaría dirixida polo nacionalista Xosé Manuel Iglesias. A primeira edición permitirá formar a 20 persoas. Impartirase os luns, día 18 e o martes, día 19, na aula de informátiva do edificio Cersia, situado en San Lázaro, en horario de dez da mañá a dúas da tarde. A segunda edición terá lugar o mércores, 20 e o xoves, 21 de outubro.

Curso de Informática básica

Trátase dun programa formativo que capacita no manexo das ferramentas básicas do ordenador e doutros programas de xestión. Consta de 80 horas lectivas, que se distribuirán en 48 horas de prácticas, 28 horas de coñecementos profesionais  e 4 horas de avaliación. Conta con 15 prazas e é totalmente gratuito.

CONTIDOS
-        MÓDULO 1: Windows XP. (Duración 16 h.)
-        MÓDULO 2: Internet. (Duración 16 h.)
-        MÓDULO 3: Word 2007 (Duración 44h.)
-        MÓDULO 4: Técnicas de busca de emprego (Duración 4 h.)

Curso experimental sobre técnicas e estratexias de innovación aplicables ao entorno das PEMES galegas

A concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo impartirá, entre o 4 de outubro e o 18 de novembro, un curso experimental que ten como obxectivo formar a 15 persoas desempregadas en técnicas e estratexias de innovacion aplicables ao entorno das PEMES galegas. A acción formativa, cofinanciada pola Consellería de Traballo e Benestar, é gratuita e conta con 60 horas lectivas. Impartirase entre as doce do mdiodía e as dúas da tarde a través da modalidade de teleformación sincrónica, en concreto a través do canal Training Chanel.

Cursos outubro 2010: Como elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito

O curso conta con contidos prácticos relacionados coa creación de empresas. Ademais da formación, proporcionará atención personalizada a cada participante para axudarlle a traballar sobre o seu proxecto empresarial ou de autoemprego. Tamén se lles facilitará aos asistentes unha aplicación informática para elaborar o plan de empresa e analizar a viabilidade económica e financeira dos seus proxectos. Este apoio complementarase cunha tutoría individual de asesoramento empresarial por alumno/a ao final do curso.

Concurso de promoción comercial Volta ao cole

O programa Volta ao cole ten como obxectivos potenciar as compras nos estabelecementos comerciais na cidade durante o outono; promover a adaptación dos estabelecementos comerciais á situación e cambios do mercado actual; e estimular a implantación de estratexias encamiñadas á satisfacción das necesidades, esixencias e demandas das persoas consumidoras. O outono é un período onde se realizan compras importantes por dous motivos: o comezo dunha nova estación, despois das vacacións e da calor estival, e o comezo do curso escolar; circunstancias que derivan na ne

Talleres de Crecemento e Consolidación Empresarial

Estes Talleres permitirán á empresa, iniciarse e/ou reforzarse nas seguintes áreas de interese:

  • Xestión Empresarial e Marketing
  • Recursos Humanos e Estrutura Organizativa
  • Innovación 2.0/TIC
  • Negociación Bancaria e Financiamento
  • Comunicación Empresarial

Os Talleres baséanse nun método de traballo práctico e interactivo. Ofreceranse contidos teóricos, que serán completados con exercicios prácticos e analizaranse os casos particulares das empresas participantes.

Subvencións á realización de actividades de promoción e dinamización comercial

As Bases reguladoras da concesión de subvencións á realización de actividades de promoción e dinamización comercial no Concello de Santiago establecen como actuacións subvencionables as realizadas e pagadas entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2010. É dicir, o 15 de novembro será a data límite para executar e xustificar as actuacións que fosen obxecto da subvención.

Edición Verán. VII concurso Municipal de Escaparatismo

Na edición de verán premiaranse tres comercios, que recibirán campañas publicitarias por valores superiores aos 5.000 euros para o primeiro clasificado, aos 2.000 euros para o segundo, e aos 1.500 para o terceiro. O xurado, no que se integran asociacións de comerciantes, consumidores e expertos na materia, valora especialmente a orixinalidade, ambientación e eficacia da mensaxe publicitaria atendendo ás condicións dos establecementos.