• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Curso de Comercialización: "Técnicas de seducción comercial para vendedores"

Con este módulo formativo pretendemos rehabilitar a nobre arte da venda, póndoo a disposición de todos os asistentes dende unha perspectiva que lles permita comprender a importancia da súa actuación, a necesidade do seu traballo, e a valentía que se require para a súa execución. Os comerciais son os heroes da empresa e así o debemos saber.

Exemplo formativo

Curso

Con este módulo formativo pretendemos adestrar as túas neuronas co fin de que sexan capaces de xerar ideas consistentes que gocen da frescura, a orixinalidade e o resplandor necesario para cambiar a contorna corporativa e a sociedade na que este se integra.

Curso de negociación: "Solucións negociadas a conflitos e dilemas"

Con este módulo formativo pretendemos dar a coñecer, practicar e profundar en técnicas efectivas de negociación e resolución de conflitos. O fin último, como cabe esperar, é conseguir contornas coopetitivas "win to win" que, a partir de procedementos intelixentes, propicien unha maior ganancia recíproca para todos os axentes afectos nun proceso.