• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

CURSO EMPRESARIOS INDIVIDUAIS-AUTÓNOMOS. CONCEPTOS BÁSICOS DA COTIZACIÓN AO RETA (RÉXIME ESPECIAL DOS TRABALLADORES AUTÓNOMOS)

Ao finalizar este seminario, o alumnado terá adquirido un coñecemento xeral sobre as obrigas coa seguridade social e sobre a tramitación que precisarán se optan por iniciar un proxecto empresarial baixo a forma xurídica de empresario individual ou autónomo.

DATOS DO CURSO
  • Datas:6 de maio
  • Horario:  09:30 a 13:30 horas.
  • Nº Horas: 4 horas
  • Modalidade: presencial

Lugar de impartición: Cersia Empresa

Nº de prazas: 15

Programa:

  1. Campo de aplicación

  2. Cotizacións. Bases

  3. Cotizacións.Porcentaxes

  4. Cotizacións.AT e EP

  5. A cotización por desemprego no RETA

  6. Cumprimentación de modelos e presentación telemática.

Documentación requerida

Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:

  • Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
  • Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
  • Para estudantes: acreditación de estar matriculado no curso 2013/2014 ou de ter obtido o título nos anos 2013 ou 2012.
  • Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
Persoas emprendedoras del Concello de Santiago de Compostela . Comentar breve resumo  do proxecto na memoria na inscrición.
Requisitos
Inscrición en formulario web. O prazo de inscrición remata o día 25 de abril de 2014 ás 14:00h.  A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro do colectivo preferente, e logo se sobran prazas  tamén por orde de inscrición accederán en primeiro lugar, empresariado e traballadores/as en activo e en segundo lugar estudantes e persoas desempregadas