• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS Á REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN ECONÓMICA NO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA O ANO 2014

O programa Santiago Investors Support, do Departamento de Economía, comeza este ano 2014 unha nova liña de axudas para a realización de eventos de promoción económica, cun orzamento de 25.000 euros.

O Santiago Investors Support naceu no segundo semestre do 2011 como un programa vertebrador de todas as accións que se desenvolvían dende a Área de Economía do Concello co obxecto de dinamizar a vida empresarial da cidade.

  O máximo de axuda por proxecto  ascente aos 5.000 euros e considéranse actuacións subvencionables, sempre que sexan realizadas e efectivamente pagadas entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 15 de novembro de 2014 as actividades de promoción e dinamización económica que se realicen no concello de Santiago de Compostela, tales como:

         Xornadas técnicas, seminarios, foros ou premios dirixidos á defusión de técnicas, metodoloxías, ferramentas ou boas prácticas nos terreos da innovación e a competitividade.

         Encontros empresariais e comerciais que faciliten a labor comercial das empresas participantes; incluídos os realizados entre persoas emprendedoras e  investidores/as.

Serán subvencionables, para as actuacións indicadas, os custes de persoal e os de administración específicos, sempre e cando estean directamente relacionados coa actividade subvencionada e sexan indispensables para a adecuada preparación e execución da mesma. Neste tipo de custes deberá especificarse a porcentaxe do mesmo que é imputable á/s acción/s subvencionable/s.

 

Non serán subvencionables:

-          Os custes relativos á adquisición de bens de investimento e/ou inventariables.

-          Os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

Os custes relativos a dietas de persoal ou desprazamentos.
Documentación requerida
As solicitudes realizadas no modelo de instancia adxunto ás bases, dirixiranse á Oficina de Economía dependente da Concellaría de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, e  presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (rúa Presidente Salvador Allende, 4), nalgún dos seus rexistros auxiliares (Edificio CERSIA Empresa, Rúa do Alcalde Raimundo López Pola S/n e rúa de Frei Rosendo Salvado, 14-16)  ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de réxime xurídico e procedemento administrativo común.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán resultar beneficiarios as entidades organizadoras de actividades contempladas no punto 3º das bases sempre que sexan  entidades sen fin de lucro  con personalidades xurídica propia  ou ben empresas que organicen, sen fins de lucro e con carácter aberto (non existindo para o público ao que se dirixe a actividade ningún custe de acceso á mesma) e que reúnan os seguintes requisitos:

         Estar legalmente constituídas.

         Que a súa actividade esté dirixida eminentemento ao mundo empresarial

         Que a totalidade do proxecto obxecto de apoio se desenvolva no Concello de Santiago.