Curso de Comercialización: "Técnicas de seducción comercial para vendedores"
Todas as empresas necesita dispor de bos comerciais. O vendedor é á empresa o que o corazón ao corpo: a bomba que nutre de savia vital todos e cada un dos órganos corporativos. Por desgraza, nos últimos tempos, a profesión de vendedor caeu en desgraza. Tanto é así que moitos eluden chamala polo seu nome, infestando as ofertas de traballo de sinónimos aparentemente máis atractivos, como "executivo de contas" ou "responsable de carteira". Dignificar a profesión do vendedor é unha tarefa crucial para a reactivación da demanda.
Con este módulo formativo pretendemos rehabilitar a nobre arte da venda, póndoo a disposición de todos os asistentes dende unha perspectiva que lles permita comprender a importancia da súa actuación, a necesidade do seu traballo, e a valentía que se require para a súa execución. Os comerciais son os heroes da empresa e así o debemos saber.
Exemplo formativo
O símil pedagóxico de base no que nos centraremos para o desenvolvemento expositivo é o das relacións de parella, un proceso de achegamento, sedución, conquista, consolidación e fidelización que, como poucos outros, conciéncianos do esforzo que implican os procesos de posta en valor dos activos propios para a demanda sostida dos mesmos por terceiros.
Programa (12 horas, 12 epígrafes)
- Apréciate. Valora o teu esforzo.
- Atrévete a saír e coñecer xente.
- Aprende a tirarte á piscina.
- Confianza, paciencia e ilusión. O tridente das vendas.
- Prodúcete. O camiño cara á excelencia.
- O comercial. Un profesional sensible.
- Céntrate en quen tes enfronte.
- Fideliza para toda a vida.
- E cando chega a crise, que?
- Escola de sedución. Mercadotecnia e neuromercadotecnia.
- Redes de sedución. A conquista on e off line.
- O Efecto Cupido. Como seducir en 3 minutos.
Grupos, datas e horarios:
- GRUPO 1:
Datas e horario: 7 e 8 de xuño, de 16:00 a 22:00
Nº de prazas: 15 prazas
Admisión de solicitudes: Ata o domingo 3 de xuño ás 00:00
Solicitar inscrición >>
- GRUPO 2:
Datas e horario: 11, 12 e 13 de xuño, de 10:00 a 14:00
Nº de prazas: 15 prazas
Admisión de solicitudes: Ata o martes 5 de xuño ás 14:00
Solicitar inscrición >>
- GRUPO 3:
Datas e horario: 25, 26 e 27 de xuño, de 10:00 a 14:00
Nº de prazas: 15 prazas
Admisión de solicitudes: Ata ao martes 19 de xuño ás 14:00
Solicitar inscrición >>
Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:
- Para persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
- Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
- Para estudantes: acreditación de estar matriculado no curso 2011/2012 ou de ter obtido o título nos anos 2011 ou 2010.
Persoas emprendedoras, traballadores en activo do tecido empresarial, e estudantes universitarios ou de formación profesional de Santiago de Compostela.
A inscrición será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritos desempregados e sobran prazas tamén por orde de inscrición.
As persoas que fixeran o cursos anteriores deste programa (Negociación e Creatividade) non poderán participar neste a non ser que haxa prazas vacantes.
A admisión ao curso comunicarase por email unha vez rematado o prazo de inscrición ao mesmo.