Axudas á instalación de medidas de protección para traballadores e clientes
Apoiarase a adquisición de equipos de protección, a adaptación dos espazos, a realización de obras e a posta á disposición de información para os clientes, e as actuacións poden estar xa realizadas desde a declaración do estado de alarma.
As axudas para os establecementos de menos de 10 traballadores e menos de 300 m2 cubrirán o 100% do investimento, ata 1200 euros.
Os apoios para os locais de maiores dimensións acadarán o 80% do gasto realizado, cunha axuda máxima de 3000 euros.







