Axudas á valorización e á segunda transformación das pequenas e medianas empresas da industria forestal galega e do contract
Poderán ser persoas beneficiarias as microempresas, pequenas e medianas empresas do sector da industria forestal e do contract radicadas en Galicia que utilicen a madeira, a resina, a cortiza ou outros produtos de orixe forestal, exceptuando os produtos agroalimentarios, como materia prima para a elaboración dos seus produtos.
Poderán ser subvencionables os proxectos de investimento realizados polas pequenas e medianas empresas descritas no artigo 2 desta resolución nos seus procesos de produción e que teñan como obxectivo aumentar a súa produtividade ou a implantación de técnicas que permitan obter novos produtos ou produtos valorizados ou procesos que favorezan a minoración do impacto ambiental.
As axudas financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A4.741A.770.0, código de proxecto 2018 00006, con 1.400.000 euros para o ano 2020 e 600.000 euros para o ano 2021. Os investimentos subvencionaranse cunha axuda do 50 % dos gastos elixibles. A axuda máxima por solicitante limitarase a 200.000 euros.