Modificación prazos en pagamentos directos á agricultura e á gandaría
Modifícanse varios artigos da Orde do 12 de febreiro de 2020:
Primeiro. Prazo de presentación da solicitude única O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2020, iníciase o 1 de febreiro e finalizará o día 15 de xuño, ambos incluídos.
Segundo. Prazo de presentación da modificación da solicitude única Unha vez finalizado o prazo para a presentación da solicitude única, os solicitantes poderán presentar solicitudes de modificación ata o día 30 de xuño.