ENCONTROS INFORMATIVOS SOBRE O PROGRAMA REACCIONA
Contando con cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), e integrada no programa Igape Responde -iniciativa dirixida a ofrecer asesoramento inmediato a autónomos e pemes para reactivar a súa actividade na actual situación económica-, as novas convocatorias do ReAcciona achegarán orientación e apoio individualizado sobre as medidas de implantación que se deben adoptar a nivel xeral, na reorganización estratéxica e operativa dos negocios, así como no que se refire a proxectos de dixitalización e innovación para manter e impulsar a actividade produtiva.