Modelo de solicitude para a declaración dun proxecto empresarial como iniciativa empresarial prioritaria
A resolución ten por obxecto aprobar e dar publicidade ao modelo normalizado (código de procedemento administrativo IG300D), para a súa tramitación por medios electrónicos, para a declaración dun proxecto empresarial como iniciativa empresarial prioritaria das previstas no título IV da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.
Para presentar a solicitude, a persoa interesada deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto, a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es. Deberá cubrir necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de declaración de iniciativa empresarial prioritaria.