• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Quinto tramo da liña de avais creada no artigo 29 do Real Decreto-lei 8/2020

Acordo polo que se establecen os termos e condicións do quinto tramo da liña de avais a préstamos concedidos a empresas e autónomos.

O Consello de Ministros acorda:

Aprobar a posta en marcha con carácter inmediato do quinto tramo da liña de avais creada no artigo 29 da Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19, por un importe de 15.500 millóns de euros. Mediante este novo tramo, o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital avalará o financiamento outorgado por entidades de crédito, establecementos financeiros de crédito, entidades de diñeiro electrónico e entidades de pagos a pemes e autónomos por un importe de 7.500 millóns de euros, por un importe de 5.000 millóns de euros a grandes empresas, por un importe de 2.500 millóns de euros a pemes e autónomos do sector turístico e actividades conexas e por un importe de 500 millóns de euros a empresas e autónomos para a adquisición ou arrendamento financeiro ou operativo de vehículos de motor de transporte por estrada de uso profesional, co fin de paliar os efectos na súa actividade como consecuencia do COVID-19. Os avais do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital serán xestionados a través do Instituto de Crédito Oficial nos termos previstos neste Acordo.