Ciclo Webinar País: México
O vindeiro martes 9 terá lugar o segundo dos encontros online do ciclo Webinars País, que está a achegar videoconferencias ao tecido empresarial galego co obxectivo de afondar nas oportunidades de negocio en oito destinos mundiais. O webinar que terá lugar a próxima semana centrarase nas vendas en México.







