Asesoramento inmediato a autónomos e pemes para reactivar a súa actividade
O novo programa ten activados o teléfono gratuíto de información 900 815 151 e o correo igaperesponde@igape.es. Para fortalecer e reorganizar os servizos de acompañamento aos colectivos empresariais máis vulnerables ante a situación xerada pola covid-19, refórzase cunha nova convocatoria do ReAcciona.
Esta nova ferramenta, ademais de servizos de asesoramento e mentorización, porá a disposición do tecido produtivo galego unha base de coñecemento con información de interese empresarial, encontros explicativos en liña, guías de repostas a preguntas frecuentes e boletíns informativos periódicos.
Enlaces