• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Modificación ordes de innovación

Como consecuencia da declaración do estado de alarma a execución dalgúns proxectos foi suspendida ou ben continúa, pero a un ritmo moito menos intenso, debido ás dificultades de subministro, a expedientes de regulación de emprego temporais que afectan ao persoal investigador, á paralizacións ou demoras nas subcontratacións necesarias ou outras circunstancias derivadas do contexto actual.

Co obxectivo de minimizar o impacto destas circunstancias sobre os axentes do Sistema galego de innovación, a Axencia Galega de Innovación decidiu introducir unha serie de modificacións nas convocatorias co obxectivo de:

  • Darlle liquidez aos beneficiarios para continuar coas actividades dos proxectos.
  • Acompasar a distribución anual do gasto á progresión das actividades das mesmas.
  • Facilitar as xustificacións parciais.
  • Evitar reintegros por desviacións nalgún concepto de gasto superiores aos inicialmente previstos, sempre coa condición de que o proxecto se realice.

En concreto, as modificións afectan a 114 expedientes do programa de Fábrica Intelixente -convocatorias 2016, 2018 e 2019-, Conecta Peme -convocatoria 2018-, Unidades Mixtas de Investigación -convocatorias 2017 e 2018- e Innova Peme -convocatoria 2019-.

Estas medidas poden resumirse en:

  • Ampliación dos prazos para a realización de gastos e pagos ata o 31 de decembro de 2020 e de presentación de xustificacións do exercizo 2020 ata o 31 de marzo de 2021, agás InnovaPeme.
  • Modificación das porcentaxes dos anticipos, o que permitirá, con carácter xeral, liberar o 100% da anualidade 2020 (agás Innovapeme que será de ata o 70%), previa solicitude por parte dos interesados que estará dispoñible na web de Gain. Isto suporá un investimento de preto de 29M€.
  • A redistribución das anualidades concedidas, previa solicitude do beneficiario, cun límite máximo do 20-30% do custo concedido para cada anualidade, aumentando no mesmo importe a seguinte anualidade. Esta redistribución deberá solicitarse antes do 15 de setembro de 2020.
  • A inspección “in situ” das actividades do proxecto poderá substituírse pola entrega de xustificación documental.
  • En canto á graduación dos incumprimentos, minórase o factor de corrección que se aplica cando a xustificación non acada un mínimo.