• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Curso marketing en buscadores e SEM

MARKETING EN BUSCADORES. SEM

DATA: Do 15/06/2020 ao 15/07/2020

O obxectivo do curso é comezar nunha das disciplinas con máis investimento publicitario na actualidade. Para iso, porase a disposición dos estudantes unha lista completa de recursos que lles permitirá coñecer, de primeira man, o que entendemos por SEM, cales son as principais plataformas para crear campañas e como saber se están a resultar positivas para o noso negocio.

Contidos

  • Que entendemos por SEM. Principais plataformas para facer SEM
  • Formatos de campaña SEM
  • Claves para ter éxito nunha campaña de anuncios de Google
  • Como crear unha campaña en Google Ads
  • Como calcular o éxito dunha campaña SEM
Data fin do prazo de Inscrición