• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Poden as empresas producir bens sociales mentres operan dentro dos límites do capitalismo baseado no mercado?

Nesta sociedade cada vez máis conectada, todos buscamos empresas que poidan axudarnos a orientarnos cara á sustentabilidade global a longo prazo. Os millennials: a xeración que representa a maior porcentaxe da forza de traballo de EE. UU. e impulsa billóns de dólares en gastos de consumo, inviste, traballa e compra activamente en empresas que xunto co crecemento financeiro priorizan o obxectivo social.

O Foro pola Economía Social Galega asina o seu compromiso coas entidades de economía social galegas

A asociación foi constituida pola unión das entidades Cooperativas de Galicia (EspazoCoop), a Asociación de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), a Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego (Cegasal), a Agrupación de Sociedades Laborais de Galicia (Aesgal) e a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (Aeiga), entidades que representan a 371 organizacións, cun volumen de ingresos de 1.616,5 millóns de euros anuais e 9.276 empregos directos.

Barcelona establece mediadores entre residentes e usuarios de pisos turísticos

Cada ano, os servizos de atención á cidadanía rexistran uns 2.000 incidentes motivados polas vivendas de uso turístico. A medida tamén pretende dispoñer de referencias numéricas destas incidencias para avaliar de forma máis exacta propostas de mellora cos diferentes operadores.

CEPES lanza dúas novas convocatorias de axudas do Fondo Social Europeo

A primeira, cunha dotación de 10,9 millóns de euros, é a convocatoria de subvencións dirixidas a entidades e empresas de Economía Social para o desenvolvemento de proxectos destinados á creación de empresas e entidades de Economía Social ou á mellora da competitividade e apoio á consolidación empresarial das mesmas.

A economía circular aplicada ao sector da mobilidade

Na guía que se enlaza (en idioma catalán) atopánse casos que van desde o uso de vehículos compartidos ata a substitución dos de combustión por eléctricos; así como experiencias de optimización da loxística ou de reutilización de compoñentes.

Casos varios realizados por empresas de todo tipo, grandes e pequenas, que xa aplican os principios da economía circular para obter réditos ambientais, sociais e económicos e que poden servir como inspiración para aplicación na nosa contorna.