• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Mellora a túa comunicación e as túas habilidades sociais. Formación presencial

Duración: 20 horas presenciaisLugar: Sala de conferencias, seminario 1 e seminario 2 do Auditorio municipal de Vilagarcía de Arousa (Avenida de Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa)Datas: 11, 12, 13, 14 e 15 de decembro de 2017Horario: Días 11, 13, 14 e 15 de 16.00 a 20.00 horas; Día 12 de 17.00 a 21.00 horas

Obradoiro de formación: Competencias transversais clave nos programas de formación e emprego

Este obradoiro conta con 30 prazas, divididas en dous grupos de 15 persoas. Un deles formarase o día 15 de xuño pola tarde, e o outro o 16 de xuño, en horario de mañá. Celebrarase no Centro Sociocultural de O Castiñeiriño. Organizado pola Concellaría de Promoción Económica e Emprego, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, enmárcase no Pacto Local polo Emprego de Santiago de Compostela e nel colabora REDEL, a Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local.

Ferramentas para o desenvolvemento de competencias transversais de importancia clave para a empregabilidade nos programas de formación e emprego en alternancia

O taller consta de dúas partes, precedidas dunha introducción a cargo de AGE CONSULTORES. Na primeira parte artéllanse os fundamentos das competencias transversais e o proceso de ensino por competencias. A segunda versa sobre a guía de uso das ferramentas no desenvolvemento de competencias transversais para a empregabilidade nos programas de formación.

FORMACIÓN PARA O EMPRENDEMENTO SANTIAGO INVESTORS SUPPORT 2014

Os cursos que se realizarán son: O plan de empresa; Empresarios individuais-autónomos. Aspectos fiscais; Empresarios Individuais-Autónomos. Facturación; Sociedades limitadas; Empresarios Individuais-Autónomos. Conceptos básicos de cotización ao reta; Comercio electrónico (8h) e Emprendemento: formas xurídicas (4h). Os sete cursos ofertan un total de 105 prazas gratuítas e realizaranse entre o 5 e o 27 de maio en horario de 9:30h a 13:30h.