• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Programa de Formación de Social Media, Marketing Dixital e Emprendemento

O obxectivo principal destes Programas Formativos é contribuír á inserción no mercado de traballo a través do Emprendemento de mozos e mozas menores de 30 anos, que nin estudan nin traballan, e que a través dos programas “Constrúe o teu futuro: programas personalizados para emprendemento xuvenil”, aínda que non poñan en marcha a súa propia empresa, a experiencia reportaralles coñecementos e habilidades empresariais esenciais como a creatividade, iniciativa, tenacidade, traballo en equipo, xestión do risco e sentido da responsabilidade.

Nova edición do curso de formación troncal do Programa Integral de Cualificación y Empleo (PICE)

O curso ofrecerá orientación en temas de empregabilidade, información referente a habilidades sociais e técnicas de comunicación e competencias dixitais para a busca de emprego, onde os participantes coñecerán o manexo das redes sociais e a creación de perfís profesionais en Linkedin ou outras plataformas. Será un curso práctico, baseado en dinámicas de grupo e con simulación de entrevistas de traballo.

Formación cooperativa para persoas que queren emprender

Impártese na entidade da Rede Eusumo: Deputación de Pontevedra, Sede de Vigo.
Do 10 ao 13 de abril de 2018
De 9:30 a 14:30 horas
20 horas.
Esta formación ten como obxetivo achegar o modelo cooperativo á cidadanía e en especial a persoas desempregadas que poden optar á fórmula do autoemprego cooperativo:
Dar a coñecer o modelo cooperativo: as súas características e as súas achegas sociais e económicas.

Coñecer unha experiencia real dunha cooperativa en funcionamento.

Axudas a proxectos de formación Industria 4.0

Subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de proxectos promovidos e desenvolvidos por organismos intermedios para mellorar a capacitación do equipo humano nas empresas:

a) Proxectos de capacitación nestas tecnoloxías, metodoloxías ou técnicas relacionadas coa Industria 4.0:

- Robotización e robotización colaborativa
- Fabricación aditiva
- Sensórica e actuadores mecatrónicos
- Sistemas ciber-físicos
- Automatización total ou estendida

Desenvolvendo o teu proxecto de economía social. Formación "blended learning"

Duración: 20 horas blended learning (6 h presenciais e 14 horas teleformación)Lugar: As sesións presenciais celebraranse o 27 de novembro e o 19 de decembro na Aula 2 do Edificio Cersia Empresa, en SantiagoDatas: Do 27 de novembro ao 19 de decembro. Horario das sesións presenciais: As sesións presenciais celebraranse o 27 de novembro e o 19 decembro en horario de 16.00 a 19.00 horas

Mellora a túa comunicación e as túas habilidades sociais. Formación presencial

Duración: 20 horas presenciaisLugar: Sala de conferencias, seminario 1 e seminario 2 do Auditorio municipal de Vilagarcía de Arousa (Avenida de Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa)Datas: 11, 12, 13, 14 e 15 de decembro de 2017Horario: Días 11, 13, 14 e 15 de 16.00 a 20.00 horas; Día 12 de 17.00 a 21.00 horas