• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Programa de Formación de Social Media, Marketing Dixital e Emprendemento

O programa de “Programa Social Media, Marketing Dixital e Emprendemento” está organizado pola Cámara de Comercio de Santiago, en colaboración coa Fundación Incyde e conta co cofinanciamento do Concello de Santiago e do FSE.

No caso de que con motivo dunha posible prórroga da declaración do estado de alarma non sexa posible o desenvolvemento da actividade de xeito presencial o programa desenvolverase íntegramente de vía streaming a través da aplicación ZOOM.

O obxectivo principal destes Programas Formativos é contribuír á inserción no mercado de traballo a través do Emprendemento de mozos e mozas menores de 30 anos, que nin estudan nin traballan, e que a través dos programas “Constrúe o teu futuro: programas personalizados para emprendemento xuvenil”, aínda que non poñan en marcha a súa propia empresa, a experiencia reportaralles coñecementos e habilidades empresariais esenciais como a creatividade, iniciativa, tenacidade, traballo en equipo, xestión do risco e sentido da responsabilidade. Cualidades valoradas no mundo profesional e que, por tanto, incrementan a súa empregabilidade. 

Programa de Formación de Social Media, Marketing  Dixital e Emprendemento 

O Programa de Formación de Social Media, Marketing  Dixital e Emprendemento  está dirixido a emprendedor@s e profesionais  que desexen optimizar e especializarse en competencias do marketing dixital e o aproveitamento efectivo das redes sociais e a web 2.0, permitíndolles incrementar a súa calidade profesional e mellorar a súa empregabilidade. 

O programa axudará aos participantes a definir a súa propia estratexia de comunicación nos novos medios sociais (redes sociais, blogs, buscadores, etc.), o plan de marketing dixital e a execución de accións para mellorar a reputación e o posicionamento dos seus produtos/servizos na internet.