Nova edición do curso de formación troncal do Programa Integral de Cualificación y Empleo (PICE)
A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela iniciará o vindeiro 14 de maio un nova edición do curso de formación troncal do Programa Integral de Cualificación y Empleo (PICE), que se impartirá nas aulas da entidade ata o 1 de xuño en horario de 9:00 a 14:00 horas.
O curso ofrecerá orientación en temas de empregabilidade, información referente a habilidades sociais e técnicas de comunicación e competencias dixitais para a busca de emprego, onde os participantes coñecerán o manexo das redes sociais e a creación de perfís profesionais en Linkedin ou outras plataformas. Será un curso práctico, baseado en dinámicas de grupo e con simulación de entrevistas de traballo.
A perseguir a empregabilidade de mozos e mozas menores de 30 anos, que nin están estudando nin traballando actualmente.