FORMACION BASICA PERSOAS EMPRENDEDORAS ANO 2018
esta acción formativa, está dirixida preferentemente a persoas emprendedoras e persoas responsables de pequenas empresas e persoas emprendedoras que precisen formación para iniciar unha actividade empresarial dunha maneira sinxela ou que contan cunha empresa constituída recentemente.
HORARIO, DATAS E LUGAR DE CELEBRACIÓN:
O curso impartirase de luns a venres en horario de 9:00h a 14:00h entre o 5 e o 21 de novembro na Casa das Asociacions de Cornes. Rua Manuel Beiras 3 en Santiago de Compostela
PRAZAS DISPOÑIBLES:
Ofértanse 15 prazas para participar nesta acción formativa.
PROGRAMA:
1.- CURSO BASICO “O PLAN DE EMPRESA” ( 25 HORAS ): Aspectos básicos a ter en conta á hora de formular o plan de empresa.
- Descrición da idea e presentación dos/as promotores/as
- O producto, servizo
- O mercado da empresa: clientes, provedores, competidores
- O marketing-mix da empresa: produto, prezo, distribución e promoción
- Plan de ventas
- Persoal da empresa
- Regulación legal da empresa e a súa actividade
- Inversións necesarias
- Financiamento
- Contas de resultados , tesorería
- Caso práctico
2.- EMPRESARIOS INDIVIDUAIS-AUTONOMOS.-CONSTITUCION E ASPECTOS FISCAIS ( 10 HORAS )
- Constitución ( presencial e telemática; facenda; s.social; licencias... )
- O IRPF.- Sistemas de estimación da renda.
- Estimación directa normal
- Estimación directa simplificada
- Estimación obxectiva
- O IVE
- Réxime xeral
- Réxime especial simplificado
- Recargo equivalencia
- Outras cuestións relativas ó IVE
- Calendario tributario. Presentación telemática de declaracións tributaria
- Facturación
- Obrigados á facturación
- Normativa sobre facturación
- A factura electrónica
3.- COMERCIO ELECTRONICO ( 5 HORAS )
- Aspectos xerais
- Ámbito de aplicación
- Normativa a ter en conta
4.- EMPRENDEMENTO.FORMAS XURIDICAS ( 5 HORAS )
- Comunidades de bens
- Sociedades civís
- Sociedades cooperativas e laborais
- Aspectos xerais das Sociedades Limitadas
- Aspectos a ter en conta na súa constitución : constitución presencial e telemática
- Obrigacións contables
- Obrigacións fiscais
- Socios capitalistas, socios traballadores, administradores
5.- A FRANQUIA. A MARCA E O NOME COMERCIAL ( 5 HORAS )
- Franquía
- Normativa
- Aspectos básicos a ter en conta
- O contrato da franquía
- Marcas
- Aspectos básicos a ter en conta
- Trámites e rexistro
- Normativa
6.- COMERCIO EXTERIOR ( 5 HORAS )
- Definición e aspectos básicos
- Operacións intracomunitarias
- Importación-exportación
7.- FINANCIAMENTO DA EMPRESA ( 10 HORAS )
- Financiamento básico
- Financiamento a curto prazo
- Outras formas de financiamento
- Negociación bancaria
Esta acción formativa está dirixida preferentemente a persoas emprendedoras usuarias do Servizo de Apoio á empresa do Concello de Santiago de Compostela e responsables de pequenas empresas con sede no Concello de Santiago que precisen formación para a creación e xestión da súa iniciativa empresarial.
As prazas asignaranse por orde de inscrición dentro dos colectivos preferentes. No caso de existir prazas dispoñibles non cubertas por estes colectivos poderán participar persoas desempregadas e estudantado, tamén respetándose a orde de inscrición dentro deste colectivos.
Inscrición no formulario web desta mesma páxina.
O prazo de inscrición rematará o día 29 de outubro ñás 14:00h