• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Axudas a proxectos de formación Industria 4.0

Os proxectos obxecto de axuda deberán dar unha adecuada difusión á actividade formativa, e permitir a calquera traballador en activo de empresas galegas a asistencia á mesma. O solicitante deberá indicar no cuestionario de solicitude os criterios que utilizará para seleccionar os asistentes no caso de que a demanda supere o número de prazas dispoñible. Esta selección deberá realizarse mediante criterios obxectivos, nos que a relación entre o posto de traballo e a temática do curso, a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, e o acceso preferente a discapacitados pese ao menos un 70% nos mesmos, e un mínimo dun 20% individualmente.

Subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de proxectos promovidos e desenvolvidos por organismos intermedios para mellorar a capacitación do equipo humano nas empresas:

a) Proxectos de capacitación nestas tecnoloxías, metodoloxías ou técnicas relacionadas coa Industria 4.0:

- Robotización e robotización colaborativa
- Fabricación aditiva
- Sensórica e actuadores mecatrónicos
- Sistemas ciber-físicos
- Automatización total ou estendida
- Intercomunicación máquina – máquina
- Conectividade total ou estendida
- Vehículos autónomos (optimización de fluxos e redución de custos)
- Personalización de produtos
- Internet das cousas, internet dos equipos e máquinas
- Big Data, cloud computing e ciberseguridade
- Loxística 4.0 para a integración total da cadea de subministros coa interconexión de sistemas e máxima coordinación dos procesos loxísticos.
- Modelado e simulación de procesos industriais, operativos e loxísticos.

b) Proxectos de capacitación en xestión e organización empresarial, dirixidos preferentemente á capacitación de mandos intermedios, nestas temáticas: organización industrial, xestión avanzada de compras, liderado de proxectos, protocolos de cooperación interempresarial, utilización de ferramentas de bussines intelligence e de vixilancia tecnolóxica, co-creación de produtos, e novos modelos de negocio. Aos efectos desta axuda, entenderase por mando intermedio o empregado que teña ao seu cargo persoal e competencias para a organización do traballo baixo as instrucións da dirección da empresa.

Os proxectos de capacitación deberán incluír formación presencial in company nunha porcentaxe non inferior ao 20% do total das horas. Enténdese como formación presencial in company a que ten como finalidade facer prácticas reais e se imparte na planta produtiva dunha empresa ou nas instalacións dun centro ou institución tecnolóxica de Galicia.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición