Aposta por ti: formación e acompañamento para persoas emprendedoras
O desenvolvemento desta formación nace pola percepción de que existe una grande capacidade creativa que non chega ao mercado, e non se materializa en creación de novas empresas fundamentalmente pola falta de confianza das persoas nos seus proxectos e polas dificultades que os promotores teñen á hora de vendelos.
Confiamos nas persoas e na súa capacidade para transformar esas ideas en proxectos de negocio económicamente viables pero baixo unha nova percepción sustentada na colaboración, xeración de sinerxias e desenvolvemento persoal en disciplinas transversais que se traballan ao longo de todo o programa como: a creatividade, a anticipación, a motivación e a flexibilidade…. e sobre todo a colaboración durante todo o proceso de emprendemento. Todas elas tanto co marco común das titorías; como dos distintos módulos que se vaian desenvolvendo…
Somos conscientes da soidade das persoas emprendedoras, da necesidade de asesoramento e acompañamento durante todo o proceso e da súa importancia
Por iso o que propomos é acompamento durante todo o proceso e a xeración de dinámicas para fomentar o apoio interno e complementación entre todos os participantes no programa.
Programa:
MÓDULO 1
A idea empresarial e o plano de negocio, no caso de novos proxectos emprendedores, ou Plano Estratéxico, no caso de negocios existentes.(20 horas) Desenrolo do Plan Estratéxico en base aos coñecementos adquiridos durante este e os seguintes módulos.
- A idea de negocio. Factores de diferenciación.
- O proceso de produción ou de prestación do servizo.
- A realidade do meu mercado.
- Cómo facer que merquen o meu producto.
- A forma xurídica máis axeitada para o meu negocio.
- Xestión dos recursos humanos. ¿Colaboracións ou contratacións?
- Estudo económico financeiro do proxecto.
- Cronograma para a posta en marcha do negocio.
- Subvencións públicas e líñas de financiamento
Titoría 1 e Titoría 2. Unha hora hora por proxecto e titoría.
MÓDULO 2
Novos Modelos de Negocio: Marketing, Social Media e Web no mundo da empresa. Innovación Disruptiva e novas posibilidades aplicadas ao negocio. (20 horas)
- A web e a súa importancia no negocio.
- E-commerce, venta online e novas canles de comercialización de productos e servizos.
- Redes Sociais e Medios Sociais. Plan Social Media, principais canles, elaboración da estratexia e manexo dos mesmos. Newsletter e APPS Sociais.
- Novos xeitos de promoción, novo contexto e novos xeitos de comercialización.
- Innovación Disruptiva.
- APPS Móbiles
- SEO/SEM/ e campañas de promoción cruzadas
- IBeacons e novos sistemas e campañas de promoción por Xeolocalización. ( aplicación a negocios con sede física)
- Breve repaso ao branding, a marca, as súas posibilidades e como desenrolalo e conxutar o online e o offline.
Titoría 3. Unha hora hora por proxecto e titoría.
MÓDULO 3
A marca persoal no emprendedor. Descubrirnos, crer en nos e medrar en base a eso aportando ao noso negocio.
(20 horas)
- Aproximación á marca persoal para emprendedores. Exemplos prácticos
- O noso perfil como emprendedores, análisis DAFO
- Matriz DAFO personal e modelo PBSC
- Os nosos obxectivos: ¿hacia onde queremos ir? ¿cómo queremos ser vistos?
- Innovación Disruptiva.
- Estratexia en base ao noso perfil para acadar os obxectivos. Accións de mellora.
- ¿ Cómo me vexo, cómo me ven??? ¿ cómo son?
- Reputación (v) Marca Persoal. O Packaging.
- O fenómeno 2.0 como aliado ou inimigo na comunicación da nosa marca. Identidade Dixital.
- A influencia do Networking na marca persoal.
- O extracto persoal.
Titoría 4. Unha hora por proxecto.
MÓDULO 4
Motivación para o emprendemento (8 horas)
- A IE como factor de diferenciación
- A importancia de desaprender no proceso de aprendizaxe
- Cómo pode mellorar o empresario a xestión das súas emocións
- A búsqueda da misión
- A definición dos obxectivos
- Identificación dos valores da empresa
- Desrutar cos cinco sentidos
- Consellos para un bon emprendemento
- Experiencias doutros emprendedores
Titoría final. Unha hora por proxecto
SESIÓN GRUPAL 1: A xestión da emocións no negocio (4 horas)
SESIÓN GRUPAL 2: Comunica e proxecta o que es (4 horas)
SESIÓN GRUPAL 3: Abre ben as orellas. Traballa en equipo (4 horas)
O programa inclúe ademáis das 80 horas de formación, 5 titorías individualizadas con cada persoa participante, cuxo horario será fixado pola persoa participante e o persoal docente do mesmo.
A actividade realizarase nas instalacións do edificio municipal no CERSIA Empresa (Avenida do Alcalde Raimundo López Pol s/n, San Lázaro) nas seguintes datas:
SETEMBRO:
26 de setembro en horario de 9:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00 horas
27 e 28 de setembro en horario de 9:00h a 14:00h.
OUTUBRO:
3, 4, 5, 6, 7, 10, 11, 13, 14, 17 e 18 de outubro en horario de 9:00h a 14:00h
NOVEMBRO:
2, 3 e 4 de novembro en horario de 16:00h a 20:00h.
Ofrécense 15 plazas.
Emprender non é fácil. E ademáis é máis difícil para unhas persoas que para outras. Ás veces ás persoas que queren emprender síntense soas, carecen dun entorno experto en emprendemento que as poida apoiar, de contactos en outras empresas, e dubidan de si mesmas plantexándose unha e outra vez se serán capaces de sacar adiante o seu proxecto.Se te sentes identificada ou identificado con esta descripción, para ti creamos o programa "Aposta por ti" no que combinamos fomación para darche seguridade e coñecementos para mellorar o teu proxecto ou idea empresarial, con acompañamento a través de titorías individuais.Para solventar as túas dúbidas, para que atopes a outras persoas na mesma situacíon coas que compartir o proceso, garantíndoche ademáis que cando remate o programa seguirá ao teu dispor o noso Servizo de Apoio á Empresa e o das entidades coas que colaboramos.Queremos apostar por ti e polo teu proxecto! Apuntate
- Persoas que teñan unha idea de negocio que queiran transformar nun proxecto empresarial.
- Persoas que teñan en marcha un proxecto empresarial nunha situación de maior ou menor dificultade que queiran reenfocarlo dalgún xeito e adquirir a motivación e as ferramentas precisas para elo.
- Persoas que non tendo proxecto empresarial desexen adquirir os coñecementos precisos para poder aplicar no futuro.
Priorizarase na adminisión ás persoas pertencentes a aqueles colectivos que máis dificultades teñen na posta en marcha e consolidación das súas iniciativas empresariais: mulleres, persoas en risco de exclusión social, mocidade e cidadanía dos barrios e entorno rural do Concello.
Inscrición no formulario web nesta mesma páxina. O prazo de inscrición remata o día 21 de setembro de 2016 ás 14:ooh
A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a.
As persoas inscritas serán convocadas para unha entrevista persoal o día 22 de setembro entre as 10:00h e as 13:00h no CERSIA Empresa.