"Vende... sen vender" cursos de formación en técnicas de venda
No marco do programa de actividades "Compostela Móvese" convócase estes cursos en técnicas de venda de 24 horas de duración que se celebrarán nas seguintes datas no CERSIA Empresa:
- Grupo 1: LUNS 9, 16 e 23 de novembro de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h.
- Grupo 2: MARTES 10, 17 e 24 de novembro de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h.
- Grupo 3: MÉRCORES 11, 18 e 25 de novembro de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h.
DATOS DO CURSO
- Nº Horas: 24 horas
- Modalidade: presencial
Lugar de impartición: CERSIA Empresa
Nº de prazas: 20 por grupo
Programa:
Ø Que é vender?
Ø As vendas a día de hoxe
Ø Quen e que vende hoxe?
Ø Neurociencia: tipos de cerebro.
Ø Neurovendas: como toma as decisións a nosa clientela
Ø A/O nosa/o cliente:
1. Coñecela/o: tipos de cliente
2. Entendela/o
3. Axudandoa/o a tomar decisións
Ø Negociación consultiva
1. Diluíndo o seu efecto e axundando á clientela avanzar cara a compra
2. Xerando confianza
Ø Obxeccións:
Xestión emocional das obxeccións.
Ø As crenzas nas vendas
1. Que me limita a vender?
2. Como podo superalo?
3. Rompendo crenzas.
Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:
- Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
- Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
- Para estudantado: acreditación de estar matriculado no curso 2015/2016 ou de ter obtido o título nos anos 2015 ou 2014.
- Para persoas desempregadas: tarxeta de demanda de emprego
Colectivo preferente: persoas emprendedoras, empresariado e traballadoras/es en activo do Concello de Santiago de Compostela.
Inscrición en formulario web. O prazo de inscrición remata o día 6 de novembro de 2015 ás 14:00h. A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso de inscrición dentro do colectivo preferente, e logo se sobran prazas tamén por orde de inscrición accederán estudantes e persoas desempregadas