• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Ferramentas para o desenvolvemento de competencias transversais de importancia clave para a empregabilidade nos programas de formación e emprego en alternancia

O taller Ferramentas para o desenvolvemento de competencias transversais de importancia clave para a empregabilidade nos programas de formación e emprego en alternancia está organizado por REDEL, a Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local. Celébrase o 26 de marzo no Centro de Negocios do Hotel Hiberus, de Zaragoza, e nel participan técnicos da Concellaría de Promoción Económica. 

O taller consta de dúas partes, precedidas dunha introducción a cargo de AGE CONSULTORES. Na primeira parte artéllanse os fundamentos das competencias transversais e o proceso de ensino por competencias. A segunda versa sobre a guía de uso das ferramentas no desenvolvemento de competencias transversais para a empregabilidade nos programas de formación.