Obradoiro de formación: Competencias transversais clave nos programas de formación e emprego
O obxectivo do obradoiro Competencias transversais clave nos programas de formación e emprego. Métodos e ferramentas para o desenvolvemento das competencias para a empregabilidade, é preparar a formadores e dotalos de ferramentas para o desenvolvemento de competencias clave relacionadas coa empregabilidade: comunicación, disposición de aprender, traballo en equipo, responsabilidade no traballo e resolución e problemas, entre outras.
Este obradoiro conta con 30 prazas, divididas en dous grupos de 15 persoas. Un deles formarase o día 15 de xuño pola tarde, e o outro o 16 de xuño, en horario de mañá. Celebrarase no Centro Sociocultural de O Castiñeiriño. Organizado pola Concellaría de Promoción Económica e Emprego, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, enmárcase no Pacto Local polo Emprego de Santiago de Compostela e nel colabora REDEL, a Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local.
Segundo a Recomendación do Parlamento e o Consello europeos, do 18 de decembro de 2006, as competencias clave, como combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes adecuadas a unha determinada situación, son fundamentais para toda persoa nunha sociedade baseada no coñecemento. Comportan un valor engadido ao mercado laboral, no ámbito da cohesión social e da cidadanía activa ao aportar flexibilidade de man de obra, o que permite á poboación activa adaptarse máis rápidamente á evolución e interconexión dunha sociedade cada vez máis globalizada. Estas capacidades constituen tamén un factor esencial de innovacion, produtividade, competitividade e contribúen á motivacion e satisfacción das/os traballadoras/es, así como á calidade do traballo. Por este motivo, o goberno europeo propón aos estados membros unha ferramenta de referencia para asegurar que estas competencias clave se integren nas estratexias e infraestructuras dos estados membros, sobre todo no marco da aprendizaxe permanente.
Este instrumento de referencia, elaborado por REDEL, repartirase durante o obradoiro de formación. Trátase dunha guía, pioneira a nivel estatal, na que se integran distintas ferramentas de uso, como módulos de fichas e diferentes accións e actividades que facilitarán a interrelación das competencias e a creación de itinerarios formativos, conforme as recomendacións da Unión Europea.
Está dirixido a persoas expertas en Formación Profesional para o Emprego e Coordenadores de Formación.