• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Programa de incentivos de bonos á contratación e formación de persoas mozas

Programa de incentivos para fomentar á contratación xuvenil e atender as necesidades das empresas cara aos novos perfís profesionais, nos sectores vinculados á Industria 4.0 e ao sector agroalimentario.

Bono contratación: Contratacións cunha duración mínima inicial de 12 meses a tempo completo. Incentivarase cunha axuda de 5.000 €.

Bono de formación: Formación, adaptada ás necesidades da empresa, cunha duración mínima de 50 horas lectivas. Incentivarase cunha axuda de 2.000 €.

Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Empresas pertencentes aos sectores de Industria 4.0 e o sector agroalimentario.

Requisitos

Requisitos das empresas: Mínimo 5 persoas traballadoras e contar cun 60% de estabilidade laboral. Requisitos dos candidatos: Ser menor de 30 anos, estar en situación de desemprego no momento da contratación e non ter traballado nos últimos 6 meses para a empresa solicitante. Contratacións cunha duración inicial mínima dun ano que se formalicen desde a entrada en vigor da orde de convocatoria ata o 15 de decembro do ano 2017 con persoas desempregadas