• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS PARA IMPLANTAR A IGUALDADE LABORAL, A CONCILIACION, E A RSE

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva, axudas e incentivos a pemes, a persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras a cargo e para implantar a igualdade laboral, código de procedemento administrativo (TR357C), adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral, código de procedemento administrativo (TR357D), así como implantar sistemas de xestión de responsabilidade social empresarial (RSE), código de procedemento administrativo (TR357B), n

Ábrese o prazo para as "Cativadas de verán" dos Centros Socioculturais de Santiago

As actividades desenvolveránse en doce centros socioculturais, entre urbanos e rurais do 3 ao 14 de xullo (primeira quenda) e do 17 ao 31 de xullo (segunda quenda), para facilitar a conciliación ás familias compostelás.

Como noutras edicións, o programa de actividades terá un carácter educativo, lúdico e convivencial. Monitores especializados animarán as mañás dos participantes con actividades plásticas, expresión artística, teatro e expresión corporal, xogos populares, xogos de pistas, obradoiros, deporte...

O vindeiro luns, 15 de maio, abre o prazo de inscrición para o "Programa Municipal de conciliación de verán 2023"

Este programa ten, entre os seus obxectivos, favorecer a conciliación da vida familiar, laboral e persona; e dar resposta á necesidade que teñen os menores de ocupar o seu tempo de ocio e tempo de lecer no verán, de xeito dinámico e divertido e desde unha perspectiva perspectiva educativa e integradora.