Ábrese o prazo para as "Cativadas de verán" dos Centros Socioculturais de Santiago
Xoves, 4 de maio, abreuse o prazo de inscrición no programa de conciliación das Cativadas de verán que se vai desenvolver na Rede de Centros Socioculturais durante as vacacións do mes de xullo no marco do programa Vive o verán 2023. Este ano ofértanse 310 prazas, 150 nos centros urbanos e 160 nos do rural, das que se poden beneficiar todos os nenos e nenas empadroados en Santiago.
As actividades desenvolveránse en doce centros socioculturais, entre urbanos e rurais do 3 ao 14 de xullo (primeira quenda) e do 17 ao 31 de xullo (segunda quenda), para facilitar a conciliación ás familias compostelás.
Como noutras edicións, o programa de actividades terá un carácter educativo, lúdico e convivencial. Monitores especializados animarán as mañás dos participantes con actividades plásticas, expresión artística, teatro e expresión corporal, xogos populares, xogos de pistas, obradoiros, deporte...
En total ofertaranse 310 plazas, distribuídas do seguinte xeito: no CSC José Saramago de Vite, 40 prazas para nenos/as de 5 a 12 anos; no CSC Pontepedriña, 20 prazas para nenos/as de 5 a 12 anos; no CSC de Santa Marta, 50 prazas para nenos/s de 4 a 10 anos; no CSC do Castiñeiriño, 20 prazas para nenos/as de 6 a 10 anos; no CSC O Ensanche, 20 prazas nenos/as, de 6 a 12 anos. Nos CSC do rural, poderán inscribirse todos os cativos e cativas nados entre o os anos 2011 e 2018: 20 prazas no CSC de Figueiras; 30 prazas no CSC da Gracia; 20 prazas no CSC de Laraño; 20 prazas no CSC da Lavacolla; 30 prazas no CSC de Marrozos; 20 prazas no CSC de Nemenzo e 20 prazas no CSC de Bando.
As cativadas de verán desenvolveranse en horario de 08:00 a 15:00 horas nos CSC urbanos e de de 09:30 á 14:30 horas nos CSC do rural.
Presentación solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 4 ao 20 de maio e deberá facerse directamente nos propios centros no seu horario habitual de atención ao público, ou enviando a ficha de preinscrición (formulario CC002) cuberta xunto co anexo I ao correo electrónico viveoveran@santiagodecompostela.gal, ou a través da sede electrónica do Concello de Santiago.
O formulario CC002 de inscrición pode descargarse ao final desta noticia.
A adxudicación poder ser directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles ou por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles. En caso de superar o número máximo de prazas, levarase a cabo un sorteo o vindeiro 2 de xuño, coas persoas preinscritas en prazo.
A lista de persoas admitidas e reservas publicarase o 7 de xuño nos taboleiros informativos dos centros socioculturais nos que se fai o programa e na páxina web do Concello de Santiago.
Outras actividades
No marco do Vive o verán 2023, tamén se desenvolverán outras iniciativas, como os Clubs de verán cos "Clubs en acción!" no CSC de Conxo para nenos/as de entre 8 e 18 anos, e "Creando fututo", no CSC de San Lorenzo, para cativos entre 5 e 12 anos. Ademais, o CSC das Fontiñas acollerá a aula de creatividade "Crea-Lab" para cativada entre 5 e 12 anos.
Documentos relacionados
- Folleto sobre as cativadas de verán
- Información xeral das Cativadas de Verán
- Ficha de presinscripción CC002 e anexo I