Ábrese o prazo para as "Cativadas de verán" dos Centros Socioculturais de Santiago
As actividades desenvolveránse en doce centros socioculturais, entre urbanos e rurais do 3 ao 14 de xullo (primeira quenda) e do 17 ao 31 de xullo (segunda quenda), para facilitar a conciliación ás familias compostelás.
Como noutras edicións, o programa de actividades terá un carácter educativo, lúdico e convivencial. Monitores especializados animarán as mañás dos participantes con actividades plásticas, expresión artística, teatro e expresión corporal, xogos populares, xogos de pistas, obradoiros, deporte...