Moratoria das cotizacións sociais á Seguridade Social
Habilítase á Tesourería Xeral da Seguridade Social a outorgar moratorias de seis meses, sen interese, ás empresas e os traballadores por conta propia incluídos en calquera réxime da Seguridade Social, que o soliciten e cumpran os requisitos e condicións que se establecerán mediante Orde do Ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións previo acordo da Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos.