• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Axudas para reorganización produtiva das empresas galegas para a fabricación de equipamento sanitario

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto subvencionar proxectos que permitan a reorganización produtiva das empresas galegas para abordar a fabricación de calquera equipamento de utilidade na loita fronte ao COVID-19

Os ámbitos de aplicación previstos na convocatoria son:

• Téxtiles sanitarios.

• Equipamentos de protección individual (máscaras, cortinas, traxes, gorros, luvas...).

• Kits e consumibles de diagnose.

• Alcois e desinfectantes sanitarios.

• Dispositivos de intervención ou tratamento.

• Ventiladores ou os seus compoñentes.

• Elementos para a desinfección.

• Fabricación de maquinaria para a produción destes bens.

• Outros equipamentos necesarios para a prevención e loita contra o COIVID-19 ou o tratamento da enfermidade.

A contía da axuda será do 75 % dos importes indicados nos investimentos subvencionables, co límite máximo de 100.000 euros por empresa ou o importe máximo de minimis que poida recibir de acordo co que establece o Regulamento (UE) 1407/2013. No caso de que o produto non acade a certificación ou homologación téndose solicitado, considerarase un incumprimento parcial, reducíndose a subvención ao 40 % do importe subvencionable.

O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará abarcará desde a entrada en vigor do Real Decreto 463/2020 polo que se declara o estado de alarma (14 de marzo de 2020) ata o 30 de outubro de 2020. Calquera gasto realizado fóra deste período non será subvencionable. No caso de que os proxectos estiveran comezados na data de presentación da solicitude, non poderán estar rematados materialmente ou executados integramente antes da devandita solicitude.

Cando o importe subvencionable supere os 15.000 euros o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores independentes (do solicitante e entre si) con carácter previo á contratación da prestación do servizo ou da adquisición do ben, agás que a adquisición se realizara despois do 14 de marzo de 2020 e antes da presentación da solicitude ou que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que as realicen, presten ou subministren. Neste caso, presentarase un escrito acreditativo desta circunstancia, asinado polo representante legal ou por un experto independente.

Os proxectos terán que ser validados polo Comité de Fabricación de Equipamento Sanitario, aprobado mediante Consello da Xunta de data 17 de marzo de 2020. Os proxectos terán que propoñer a obtención rápida dunha primeira remesa de produtos cuantificable, en todo caso, antes do 10 de xullo de 2020. Ao remate do prazo de execución, os produtos deberán estar certificados ou cando menos xustificar a presentación da solicitude de certificación oficial.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición