• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Axudas a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego

Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas constituídas como produtoras audiovisuais independentes cunha antigüidade mínima e sen interrupcións dun ano e dadas de alta cunha antigüidade mínima e sen interrupcións dun ano na epígrafe IAE 961.1 e con sucursal ou oficina permanente polo menos un ano, previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.

Con que armas contamos para poder manter os negocios ata a recuperación da actividade?

Mércores 29 de Abril 

Comezo ás 18:00 horas

Con que armas contamos para poder manter os negocios ata a recuperación da actividade?

Roberto Pereira

Asesor experto de empresas. Presidente do Club Financeiro de Santiago.

Moderador: Chema Fernández

Presidente da Fundación Santiago Centro

Segue as charlas en Facebook Live.

Actividades que poderán acollerse á moratoria no pago de cotizacións sociais


A moratoria no pago de cotizacións sociais prevista no artigo 34 da Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19, resultará de aplicación ás empresas e aos traballadores por conta propia cuxa actividade económica, entre aquelas que non se atopen suspendidas con ocasión do estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, estea incluída nos seguintes códigos da Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE-2009):

Plans de Reactivación Económica para establecementos de Comercio Minorista.

Para dar cumprimento a este obxectivo o Servizo de Apoio á Empresa lanza este programa de consultoría especializada dirixida a pequenos comercios para a realización dos seus Plans de Reactivación Económica personalizado nos que se inclúan as posibles medidas a tomar durante o confinamento, unha vez superada esta fase e a seis meses vista para o mantemento do negocio.

Manifestación interese de acceder a unha liña de axudas aos investimentos para a fabricación de produtos relacionados co COVID-19

Con carácter previo á adopción da decisión de convocatoria das axudas ábrese un prazo de catro días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia para que as pemes que así o desexen poidan comunicar ao Igape propostas de proxectos que poderían levar a cabo e suxestións sobre o marco de axudas que empregarán.

Prórroga do carácter preferente do traballo a distancia e do dereito de adaptación do horario e redución de xornada

De acordo co previsto no segundo parágrafo da disposición final décima, da Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, prorrógase o establecido nos artigos 5 e 6 da devandita norma. O contido destes artigos manterase vixente durante os dous meses posteriores ao cumprimento da vixencia prevista no parágrafo primeiro da disposición final décima da Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, modificado pola Disposición Final 1.17 da Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo. En atención ás circunstancias, caberán prórrogas adicionais por parte do Goberno do establecido no presente precepto.

Non inicio do período executivo para determinadas débedas tributarias no caso de concesión de financiamento

1.- No ámbito das competencias da Administración Tributaria do Estado, as declaracións-liquidacións e as autoliquidacións presentadas por un contribuínte no prazo previsto no artigo 62.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, sen efectuar o ingreso correspondente ás débedas tributarias resultantes das mesmas, impedirá o inicio do período executivo sempre que se cumpran os seguintes requisitos: