• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Actividades que poderán acollerse á moratoria no pago de cotizacións sociais

Actividades económicas que poderán acollerse á moratoria no pago de cotizacións sociais prevista no artigo 34 da Real Decreto-lei 11/2020


A moratoria no pago de cotizacións sociais prevista no artigo 34 da Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19, resultará de aplicación ás empresas e aos traballadores por conta propia cuxa actividade económica, entre aquelas que non se atopen suspendidas con ocasión do estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, estea incluída nos seguintes códigos da Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE-2009):

  • 119 (Outros cultivos non perennes).
  • 129 (Outros cultivos perennes).
  • 1812 (Outras actividades de impresión e artes gráficas).
  • 2512 (Fabricación de carpintería metálica).
  • 4322 (Fontanería, instalacións de sistemas de calefacción e aire acondicionado).
  • 4332 (Instalación de carpintería).
  • 4711 (Comercio polo miúdo en establecementos non especializados, con predominio en produtos alimenticios, bebidas e tabaco).
  • 4719 (Outro comercio polo miúdo en establecementos non especializados).
  • 4724 (Comercio polo miúdo de pan e produtos de panadería, confeitería e pastelería en establecementos especializados).
  • 7311 (Axencias de publicidade).
  • 8623 (Actividades odontolóxicas).
  • 9602 (Barbería e outros tratamentos de beleza).