• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Axudas á dixitalización das pemes galegas

As axudas ás pemes van destinadas á posta en marcha de proxectos cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha peme galega e outras empresas ou entre dúas ou máis pemes galegas como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor.

Programa Cheque autónomo seguimos adiante

Os textos que figuran a continuación son resumos non vinculantes da normativa publicada. Para aplicalos, debe consultarse a normativa completa, enlazada na esquerda da pantalla.

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as personas físicas e xurídicas que cumpran os requisitos descritos no artigo 7 das bases reguladoras.

Para a concesión destas axudas destínanse dezaseis millóns de euros (16.000.000 €).

Plans de Sustentabilidade Turística en Destinos

Os textos que figuran a continuación son resumos non vinculantes da normativa publicada. Para aplicalos, debe consultarse a normativa completa, enlazada na esquerda da pantalla.

Artigo 10. Plans de Sustentabilidade Turística en Destinos

Créase o instrumento denominado «Plans de Sustentabilidade Turística en Destinos», para a prestación, por parte da Secretaría de Estado de Turismo, de apoio ao investimento en actuacións de impulso, adecuación e mellora dos destinos turísticos co fin de aumentar a súa sustentabilidade.

Moratoria hipotecaria para o sector turístico

Os textos que figuran a continuación son resumos non vinculantes da normativa publicada. Para aplicalos, debe consultarse a normativa completa, enlazada na esquerda da pantalla.

Artigo 3. Moratoria de préstamos hipotecarios outorgados para o financiamento de inmobles afectos a unha actividade turística.

Os traballadores autónomos e as persoas xurídicas con domicilio social en España terán dereito á moratoria sobre o pago do principal dos préstamos con garantía hipotecaria sobre un inmoble que cumpra os requisitos recolleitos no artigo 4.

Real Decreto-lei 25/2020 de medidas urxentes para apoiar a reactivación económica e o emprego

Os textos que figuran a continuación son resumos non vinculantes da normativa publicada. Para aplicalos, debe consultarse a normativa completa, enlazada na esquerda da pantalla.

Artigo 1. Aprobación dunha Liña para a cobertura por conta do Estado do financiamento outorgado por entidades financeiras supervisadas a empresas e autónomos coa finalidade principal de financiar investimentos.

MOOC Emprendemento dixital na Industria 4.0

O curso diríxese a aqueles que queiran aproveitarse das oportunidades que emerxen sobre o concepto de Industria 4.0, ben para acceder a novos postos de traballo ou para consolidar actividades industriais actuais ou de servizos. Busca o dotarlles dunha proposta de valor alí onde teña relevancia a participación na cadea de suministros de bens físicos, non necesariamente pola súa fabricación.

Contidos