• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xestión de conflictos en empresas de economía social

A Fundación CEL, a través da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade formativa:

Curso "Xestión de conflictos en empresas de economía social"

Datas: do 9 ao 12 de novembro de 2020

Horario: de 16:00  a 20:00 horas

Lugar: nas instalacións da Fundación CEL, Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar, s/n, Lugo.

Destinatarios: emprendedores e empresari@s de economía social, cooperativistas e traballadores do sector e interesad@s en xeral que desexen profundizar na xestión interna e externa destas empresas.

Obxectivos: proporcionar coñecementos e claves para a creación dunha estratexia empresarial válida adaptada ás características básicas das chamadas empresas de economía social, e ademais, dispoñer de xeito efectivo das ferramentas necesarias para a implantación de órganos corporativos eficaces para a xestión de reunións eficientes e equipos de traballo cohesionados.

Contido formativo:

  • Características das empresas de economía social.
    Definición dos valores e principios da economía social, aspectos clave a ter en conta para os socios e socias das mesmas.
     
  • Órganos sociais de xestión: as reunións e asambleas.
    Xestión eficaz das reunións e xestión do tempo nas mesmas, o moderador. Participación responsable.
     
  • Principais causas de conflicto.
    As persoas dentro da organización e as súas funcións. Metodoloxía para a identificación e prevención de problemas cotidiáns.
     
  • Instrumentación dos procedementos de negociación.
    Definición das características dun bo negociador, estratexias, técnicas e tácticas de negociación.

     Para máis información: 982 284 150 / formacion@fundacioncel.org