• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

"Informa, apoia e asesora en economía social"

A Consellería de Emprego e Igualdade a través da Rede Eusumo e dentro da iniciativa "Informa, apoia e asesora en economía social", convida ao persoal das Oficinas de Emprego de Galicia, persoal técnico de emprego e emprendemento, orientadores/as ou persoal técnico asesor de proxectos empresariais de entidades asociativas, GDR, GALP ou calquera outra entidade interesada que teña contacto directo con emprendedores e queiran coñecer a economía social e as súas fórmulas empresariais a participar neste encontro en liña.

Neste webinar abordaranse, entre outros, os aspectos fundamentais das cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral.

Data: 29 de outubro de 2020

Horario: de 13:30 a 15:00 horas

Modalidade: en liña a través da plataforma Zoom

Inscrición:

A xornada ten carácter gratuíto e tes ata o 28 de outubro para inscribirte na seguinte ligazón.

- Para máis información: eusumo.emprego@xunta.es / 981558008

Programa formativo:

 

13:30 h: Apertura da sesión e presentacións. 13:40 h: Que sabes da economía social? Aspectos fundamentais das cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción. 14:20 h: A economía social, unha oportunidade para empresas en crise. 14:35 h: Xogamos? Trivial de economía social. 15:00 h: Peche.