Marketing e RRSS nas Cooperativas
APE Galicia, a través da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade formativa:
MARKETING E REDES SOCIAIS NAS COOPERATIVAS
Datas: do 28 de outubro ao 9 de novembro de 2020
Modalidade: teleformación a través de www.recursosgalicia.es/formación
Destinatarios: mulleres que traballen ou colaboran con entidades de economía social e solidaria (cooperativas, sociedades laborais, confrarías, centros especiais de emprego, empresas de inserción, asociacións, fundacións, etc) e público en xeral interesado.
Obxectivos:
Elaborar un plan de e-comunicación para a cooperativa
- Elaborar e xestionar o seu propio blog
- Crear e xestionar unha páxina de facebook ou unha conta de Twitter
- Poñer en práctica estratexias de SEO
- Crear campañas de anuncios en redes sociais
- Monotorizar e avaliar os resultados das súas accións en liña.
Programa formativo:
Módulos
Módulo 1. Introducción á Web social. Cultura dixital e competencias dixitais básicas. Comunicación tradicional vs. Comunicación en liña.
8 horas
28 outubro – 29 outubro
Módulo 2. A importancia da comunicación en liña para cooperativas. As claves dunha boa estratexia de comunicación en liña.
8 horas
29 outubro – 02 novembro
Módulo 3. Introducción ás redes sociais e influencia dos blogs nas mesmas. O blog, centro neurálxico da nosa actividade dixital. As claves de marketing de contenidos a través dun blog corporativo.
8 horas
02 – 04 novembro
Módulo 4. Twitter, o triunfo da inmediatez. As claves do marketing de contidos a través dunha conta corporativa en Twitter.
8 horas
04 – 06 novembro
Módulo 5. Facebook, o lugar no que están todos. As claves do marketing de contidos a través dunha páxina corporativa en Facebook
06 – 9 novembro
Data finalización curso : 9/11/2020
Para máis información: 981558374 / info@apegalicia.es / www.apegalicia.gal