• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xestión económico financeira nas cooperativas

APE Galicia, a través da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade formativa:

Xestión económico financeira nas cooperativas

Datas: do 26 de outubro ao 11 de novembro de 2020

Modalidade: teleformación a través de www.recursosgalicia.es/formación

Destinatarios: mulleres que traballen ou colaboran con entidades de economía social e solidaria (cooperativas, sociedades laborais, confrarías, centros especiais de emprego, empresas de inserción, asociacións, fundacións, etc) e público en xeral interesado.

Obxectivos:

  • Interpretar a información económico-financeira elaborada por unha cooperativa e desenvolver a capacidade de emitir xuízos críticos sobre a súa evolución.
    - Coñecer os criterios de rexistro contable que afecten á cooperativa.
    - Coñecer e avaliar as fontes de financiación utilizadas pola cooperativa.

 Programa formativo:

 

  • Réxime xurídico das cooperativas
  • Análise económico-financeira
  • Fiscalidade de empresas cooperativas
  • Contabilidade de cooperativas
  • Fontes de financiación de cooperativas

 Planificación temporal:

 

Módulos

Duración

Datas

Módulo 1. Réxime Xurídico das Cooperativas

8 horas

26 outubro – 28 outubro

Módulo 2. Análise económico - fiananceiro

8 horas

29 outubro – 01 novembro

Módulo 3. Fiscalidade de empresas cooperativas

8 horas

02 – 04 novembro

Módulo 4. Contabilidade de Cooperativas

8 horas

05 – 08 novembro

Módulo 5. Fontes de financiación de Cooperativas

8 horas 

09 – 11 novembro

Data de finalización do curso: 11 de novembro de 2020

 

 

     Para máis información: 981558374 / info@apegalicia.es / www.apegalicia.gal