R. do 28 decembro 2021,pola que se convoca o procedemento de selección de entidades colaboradoras que participarán na xestión das subvencións para proxectos de enerxías renovables para uso térmico e fotovoltaica,
Requisitos, condicións de solvencia e eficacia das entidades colaboradoras:
1. Poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que, en ambos os casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten as condicións de eficacia e solvencia técnica e económica que se establecen neste artigo.
2. Será necesario que as entidades colaboradoras estean dadas de alta na Consellería de Economía, Emprego e Industria: