• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Extracto da orde 31 decembro 2020, se establecen bases reguladoras das axudas ás EIL e ás súas entidades promotoras , e se procede á súa convocatoria para 2021.Programa II

Obxecto:

Promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral, previamente cualificadas no Rexistro Administrativo de EIL de Galicia, que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

A través deste programa establécense os seguintes tipos de axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social:

a) Asistencia técnica para a creación, mellora e diversificación da EIL.

b) Inicio e posta en marcha da actividade.

c) Creación e ampliación de novos postos de traballo para persoas en inserción.

d) Contratación de xerentes ou persoas técnicas de produción necesarias para garantir a viabilidade da EIL.

e) Contratación de persoas técnicas en orientación e acompañamento á inserción.

f) Formación para as persoas en proceso de inserción.

g) Mediación laboral para a inserción no mercado laboral ordinario da persoa en situación ou risco de exclusión social.

DOG Nº 29 do 12/02/2021

Entidades beneficiarias:

1. As entidades promotoras de empresas de inserción laboral e as empresas de inserción laboral inscritas como tales no Rexistro Administrativo das Empresas de Inserción Laboral de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 156/2007, do 19 de xullo, que regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral, e que teñan o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nas bases reguladoras.

2. Tamén poderán solicitar e ser beneficiarias das axudas aquelas empresas que na data de presentación da solicitude da axuda solicitasen a súa cualificación como EIL, de conformidade co Decreto 156/2007.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Para a concesión das axudas deste programa destínanse 125.000,00 euros con cargo ás aplicacións orzamentarias 09.40.324C.470.5 (100.000,00 euros) e 09.40.324C.481.5 (25.000,00 euros), código de proxecto 201500561.

Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes para todos os tipos de axudas deste programa comeza a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e finaliza o 30 de setembro de 2021.

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva.

O período subvencionable comprende desde o 1 de outubro de 2020 ata o 30 de setembro de 2021.