• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Extracto da orde do 31 decembro 2020 establecen as bases das axudas ás EIL e ás súas entidades promotoras , e se procede á súa convocatoria. Programa I

Obxecto:

Promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral, previamente cualificadas no Rexistro Administrativo de EIL de Galicia, que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

A través deste programa subvenciónanselles parcialmente ás empresas de inserción laboral os custos salariais das persoas traballadoras en situación ou en risco de exclusión social que teñan contratacións mínimas de seis (6) meses.

                                           DOG Nº 29 do 12/02/2021

Entidades beneficiarias:

1. As empresas de inserción laboral inscritas como tales no Rexistro Administrativo das Empresas de Inserción Laboral de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 156/2007, do 19 de xullo, que regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral, e que teñan o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nas bases reguladoras.

2. Tamén poderán solicitar e ser beneficiarias das axudas aquelas empresas que na data de presentación da solicitude da axuda solicitasen a súa cualificación como EIL, de conformidade co Decreto 156/2007.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

  • Para a concesión das axudas reguladas neste programa destínanse 675.000,00 euros con cargo á aplicación 09.40.324C.470.5, código de proxecto 201500561.
  • O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Cada entidade só poderá presentar unha única solicitude.
  • As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva.
  • O período subvencionable comprenderá desde o 1 de outubro de 2020 ata o 30 de setembro de 2021.