• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Proxecto Persoa II

O proxecto Persoa II naceu có obxectivo de favorecer a integración laboral das persoas desempregadas a través da súa participación nun proceso integral de inserción, en ocupacións encadradas como novos filóns de emprego. O proceso contemplou formación, práctica laboral e acompañamento.

Proxecto Persoa III

O 27 de de decembro do 2007 rematou o Proxecto Persoa III, que comezara o 14 de decembro do 2005 e que acadou un 98% de insercións laborais. 103 persoas (97 mulleres e 6 homes) das 105 (99 mulleres e 6 homes) que participaron en algunha das sete especialidades desenvolvidas no Proxecto Persoa III accederon ao mercado de traballo a través de contratos de diferente duración.

Proxecto Crear

O obxectivo do Proxecto Crear é que é que accedan ao mercado laboral persoas con especiais dificultades de inserción ou reinserción: mulleres, persoas desempregadas de longa duración, etc.

Proxecto Crear V

Datas: de setembro de 2008 a abril de 2009.

Persoas participantes: 75 (40 mulleres e 35 homes)

Persoas que accederon ao mercado laboral: 49

Porcentaxe de insercións: 65,3% (o obxectivo fixado pola Xunta de Galicia é do 35%)

Proxecto Crear VI

O obxectivo do Proxecto Crear é que é que accedan ao mercado laboral persoas con especiais dificultades de inserción ou reinserción: mulleres, persoas desempregadas de longa duración, etc.

Para acadar esta finalidade, bríndanse ás/aos usuarias/os diversas actuacións que pretenden:

Plan de mellora para os comercios en activo

O Plan de mellora para os comercios en activo ten como obxectivo axudar aos comercios de Santiago de Compostela no proceso de innovación, modernización, xestión e promoción coa finalidade de incrementar aínda máis a súa competitividade. A iniciativa, que conta cun orzamento de 50.000 euros para o desenvolvemento das dúas fases nas que se divide, enmárcase no Plan Estratéxico do Comercio Compostelán, cofinanciado pola Deputación de A Coruña, e que ten como fin impulsar e fortalecer o comercio da cidade.

Plan de Formación 2009

O Plan de formación e mellora de competitividade para os sectores industrial, da construción, e do comercio e a hostalería para o ano 2009 contou con 26 accións formativas gratuítas, 13 presenciais e 13 por teleformación. Sumaron en total 929 horas lectivas, e ofertaron un total de 430 prazas, das que se beneficiaron, principalmente, persoas empadroadas e/ou que traballaban no Concello de Santiago.

Solo empresarial

Na actualidade, Santiago conta con A Concellaría de Promoción Económica traballa para dar solución ás necesidades de solo industrial das empresas localizadas en Santiago de Compostela. É fundamental para o Concello que poidan medrar aquí evitando a súa deslocalización e a perda de empregos que suporía. Ao mesmo tempo, tamén é importante dispor dunha bolsa de solo empresarial para favorecer a implantación de empresas foráneas que xeren novos postos de traballo.

Proxecto Europeo WEED

O proxecto Women, Enterprise, Employment in Local Development (Muller, Empresa e Emprego no Desenvolvemento Local) enmárcase no proxecto URBACT II, e ten por principal obxectivo o de estudar propostas para mellorar a situación das mulleres no mercado local de emprego, na economía cognitiva e na actividade emprendedora. Estas propostas estúdanse a través dos Grupos de Acción Local constituídos en cada unha das cidades participantes.

Plan de Formación 2008

En 2008 a Concellaría de Promoción Económica organizou 59 cursos que sumaron máis de 4.500 horas lectivas, e nos que se ofertaron unhas 800 prazas de formación. Estes cursos pertencían aos seguintes programas: Plan de FIP (Formación e Inserción Profesional), Plan de Formación do Concello de Santiago, Proxecto Crear V, e Obradoiro de Emprego Compostela Natural.

Plan de promoción e dinamización comercial

Neste contexto, o Plan Estratéxico do Comercio Compostelán LINK contempla dúas accións diferenciadas de promoción e dinamización comercial:

  • O Concurso de Escaparatismo SCQ Shopping, que a Concellaría de Promoción Económica e Comercio ven desenvolvendo dende hai seis anos.
  • Promocións comerciais de venda polo miúdo, coa edición de catálogos promocionais, como o do programa Regalar custa pouco.